Tordoia cultural
O Concello de Tordoia conta cunha bagaxe cultural que inflúe na súa realidade, marca o seu futuro e deixa unha impronta nos seus veciños e visitantes. Por elo é unha obriga, coidar o noso pasado, difundilo e protexelo, desenvolvendo ferramentas para achegalo á poboación.
A importancia histórica e artística de Tordoia vén marcada pola presenza de importantes restos arqueolóxicos de gran valor, pero tamén polos seus veciños, polas súas vivencias e as súas lembranzas. As pegadas que as palabras deixan na memoria do que se viviu nos fogares, nas parroquias.
Dende este compromiso, ábrese esta canle de participación, onde todos os interesados poden ampliar o fondo de publicacións e material relacionado coa historia do Concello, para dalo a coñecer e difundilo.
Tamén pode consultarse neste apartado a historia do escudo e toponimia de Tordoia.