Datos básicos
O Concello de Tordoia ten 3.591 habitantes e unha superficie de 124,6 km², repartidos en 10 parroquias: Andoio, Anxeriz, Bardaos, Cabaleiros, Castenda, Gorgullos, Leobalde, Numide, Vila de Abade e Tordoia. (datos IGE 2015)
O Concello atópase situado no centro da provincia da Coruña, na vertente dereita do rio Tambre, dentro da comarca coñecida como "Terra de Ordes", ocupando o centro dun triángulo imaxinario que tería os seus vértices en Carballo, Ordes e Santiago de Compostela.
As distancias ás principais cidades e vilas da provicia da Coruña desde Pontepedra (capitalidade municipal do Concello de Tordoia) son:
- A Coruña: 50km
- Santiago de Compostela: 27km
- Ordes: 17km
- Carballo 23km
DATOS XEOGRÁFICOS
A altitude media do Concello de Tordoia é de 360 metros sobre o nivel do mar, contando cos seguintes puntos destacados:
- Monte Castelo: 539 metros
- Forca: 536 metros
- Cerro do Seixa: 493 metros
- Areosa: 462 metros
Os ríos que atravesan o Concello son: o Lengüelle e o Pontepedra como principais, e os regatos Arballal, Rial e Follada. Nace en Tordoia o río Dubra, no chamado arroio de Rial.
O clima é oceánico e hiperhúmedo, con precipitacións abundantes e temperaturas suaves.