Dolmen de Cabaleiros
Os Dólmenes son construccións de enormes bloques de pedra que configuran unha cabana de forma ovoidal ou rectangular sempre orientadas cara o leste, como é o caso da “Casa da Moura”, un dos dólmenes mellor conservados de Galicia deste período e que está ubicado na parroquia de Cabaleiros (saída dirección Tablilla) rodeado dun fermoso piñeiral, e que pola súa importancia histórica, convértese en visita obigada ao visitante.
O dolmen foi declarado monumento Histórico Artístico en 1975. Consta de sete pezas sobre as que repousa unha lousa de teito de 4x3,40 metros, e no seu interior a altura máxima é de aproximadamente 1,70 metros.
O nome de Casa da Moura remóntase a unha vella lenda que narra como se viu aparecer a unha bruxa Moura tecendo no seu interior. De todos xeitos, en toda Galicia atopamos dólmenes con nomes similares, e é que os “Mouros e Mouras” aparecen en gran parte de lendas autóctonas moi interesantes de escoitar.
A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construccións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas conzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidadedos seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros.
COMO CHEGAR:
LOCALIZACIÓN: Sita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.
COORDENADAS: 43.096922, -8.550280
ACCESOS:
- CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
- CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
- AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
- CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago
ACCESIBILIDADE: Moi boa, ao pé da estrada CP 8401 con fácil aparcamento