Publicacións

O Concello pon a disposición dos veciños e veciñas a través deste apartado, as publicacións realizadas polo Concello ou relacionados cos veciños, costumes, historia de Tordoia, e onde pode abrirse unha nova porta para coñecer máis profundamente a cultura tordoiesa.

Esta sección estará en continuo crecemento e iranse ampliando as publicacións paulatinamente.

Convidamos os usuarios da web á participar aportando información, publicacións, arquivos, ou calquera outro material que considere que pode ser de interese

Pode enviar a información, ou poñerse en contacto co Concello, na seguinte dirección de correo isabel.mosquera@tordoia.gal

No correo no que se remita dita información, se é o remitente o propietario dos dereitos, rógase que se inclúa o texto “Coa presente remisión de información, autorizo expresamente ao Concello de Tordoia á difusión da información enviada a través da páxina web municipal”.

No caso de que non sexa o remitente o propietario dos dereitos, será o Concello o encargado de solicitar a autorización para a súa difusión.

Nas segunites ligazóns poderá consultar todas estas publicacións:

IR Á LIGAZÓN Cantigas de Fina

Close