Tordoia natural

O Concello de Tordoia está cheo de zonas nas que os veciños e veciñas poden desfrutar do pracer de compartir ao aire libre das fermosas paisaxes do noso concello, así como todos aqueles que decidan coñecernos e visitarnos.

As áreas recreativas son espazos libres que buscan acercar a natureza á cidadanía, e dar lugar á diversión e o esparcemento.

Nas seguintes ligazóns, pode coñecer todas as áreas recreativas do Concello e os recursos disponibles:

  • Área recreativa da Folgueira

    LOCALIZACIÓN: Sita no lugar de Folgueira de abaixo, na parroquia de Anxeriz.

    COORDENADAS: 43.107940, -8.652376

    ACCESOS: AC-400 – PK 57,5. Carretera dirección a Viladabade. A 1 km cruce á esquerda dirección Folgueira

    ACCESIBILIDADE: Boa para vehículos e peatóns

    DESCRICIÓN: Área recreativa con xogos infantís, zona deportiva con pista multiusos e zona de descanso con bancos e parrillas

  • Área recreativa da Rega

    LOCALIZACIÓN: Sita no lugar da Rega, na parroquia de Cabaleiros.

    COORDENADAS: 43.094744,-8.547046

    ACCESOS: CP-8401 – PK4

    ACCESIBILIDADE: Boa para vehículos e peatóns

    DESCRICIÓN: Área recreativa con xogos infantís, anexo á piscina municipal e zona de descanso con bancos e parrillas

  • Área Recreativa de Mordón

    LOCALIZACIÓN: Sita no Petón, no lugar de Bardaos (parroquia do mesmo nombre).

    COORDENADAS: 43.126676, -8.542189

    ACCESOS: AC-8402 – PK 2.

    ACCESIBILIDADE: Boa para vehículos. Para os peatóns, existen unas escaleiras de accesos.

    DESCRICIÓN: Área recreativa ao carón dun rego. Existe piscina para nenos, bancos e parrillas, así como unha fonte pública

  • Área recreativa do empalme Anxeriz

    LOCALIZACIÓN: Sita no Empalme, na parroquia de Anxeriz.

    COORDENADAS: 43.097900, -8.683612

    ACCESOS: AC-400 – PK 60.

    ACCESIBILIDADE: Boa para vehículos e peatóns

    DESCRICIÓN: Área recreativa con xogos infantís e parrillas

    LOCALIZACIÓN: Sita no Petón, no lugar de Bardaos (parroquia do mesmo nombre).

    COORDENADAS: 43.126676, -8.542189

    ACCESOS: AC-8402 – PK 2.

    ACCESIBILIDADE: Boa para vehículos. Para os peatóns, existen unas escaleiras de accesos.

    DESCRICIÓN: Área recreativa ao carón dun rego. Existe piscina para nenos, bancos e parrillas, así como unha fonte pública

  • Área de Pedra Longa

    LOCALIZACIÓN: Sita no Seixán, na estrada de Santaia (Parroquia de Cabaleiros).

    COORDENADAS: 43.082407, -8.537004

    ACCESOS: CP-8401 – PK 6. Dirección Igrexa de Cabaleiros (Ben indicado)

    ACCESIBILIDADE: Boa tanto para vehículos como para peóns

    DESCRICIÓN: Área de recreo con bancos e parrillas ao pé dunha enorme Peneda e situado no alto dun castro con fermosas vistas.

    IR Á LIGAZÓN Monumento de Pedra Longa

Close