Ruta Sendeirismo
As rutas de sendeirismo de Tordoia percorren paraxes significativas do Concello, paisaxe cerne de Galicia, con importantes xacementos arqueolóxicos como o castro de Bardaos ou a cámara megalítica Casa Moura (Dolmen de Cabaleiros).
Enclaves de interese no trazado son as igrexas parroquiais de Santa María de Bardaos e San Xulián de Cabaleiros, ou as capelas de Santa Susana de Arcai e Santo Estevo. Na Ermida do Carme se celebra unha popular romaría.
Na Pontepedra, no sector central das dúas rutas, un antigo muíño pódese utilizar como refuxio ocasional.
Características desta comarca son as formacións rochosas como Pedra Longa, entre outras, que son vestixios da erosión da penechaira occidental de Galicia.
Pode consultar as características das dúas rutas do Concello nos seguintes deplegables: