Tordoia visual

O Concello de Tordoia está cheo de incribles recunchos, paraxes, lugares e espazos que poden transportan aos visitantes á realidade da Galicia de interior, á nosa historia, ás nosas tradicións e á nosa realidade.

Vídeo de información turística do Concello de Tordoia .

A continuación pode desfrutar de dous vídeos elaborados pola Mancomunidade de Ordes, á que pertence o Concello de Tordoia, que ofrecen a posibilidade de desfrutar das imaxes que poñen en valor a arquitectura, a gastronomía, a paisaxe, os museos, os roteiros, o folclore e moito máis, que conforman cada un dos sete municipios que constitúen esta comarca:

As propostas son distintas pero complementarias. Por un lado pode coñecer o noso Concello percorrendo as rutas de sendeirimo que o atravesan, e poder visitar as más significativas paraxes das nosas parroquias paseando a pe, ou en bicicleta, contemplando as máis fermosas estampas.

A segunda proposta é a visita á Fervenza de Santaia, onde admirar as preciosas imaxes dos saltos de auga escondidos entre a vexetación, auga que é símbolo e causa da riqueza das nosas terras.

Close