Pedra Longa
A aparición de grandes pedras colocadas polo home en sentido vertical durante o período megalítico fainos pensar na súa intencionalidade de perdurar no tempo. O home prepárase para ese tránsito á divinidade, para ese paso á eternidade a través de materiais imperecedoiros, pero ocorre que outras moitas destas pedras colocadas pola mesma natureza en posición estranas, como no caso de Muxía, apórtanlle un simbolismo e significado similar. Pedra Longa é un conxunto de pedras situadas nun alto (Seixán Cabaleiros), combinadas entre si para dar unha forma que, para os máis antigos do lugar, tróuxoas “A nosa Señora”(a Virxe María).
A pedra principal de Pedra Longa ten forma de menhir e tamén recolle gran cantidade de lendas. Algunhas delas conta que, alá polos anos cincuenta, convocouse unha especie de concurso para ver se alguén se atrevía a subir ata a parte superior.Ao final, dous ousados personaxes lograron a súa fazaña a través dun sistema de cordas que ían agochando mentres subían. O curioso deste feito é que tras falar cunha destas persoas, comentou a existencia dunhas inscripcións no seu cume, cría recordar que eran números, pero a memoria traizoáballe lixeiramente e non puido asegurar con rotundidade. Non se sabe se se podería tratar de petroglifos ou simplemente de alguén que quixo marcar a súa fazaña con anteroiridade á aquí narrada.
COMO CHEGAR: