Igrexa de San Cibrao de Viladabade

Parroquia: San Cibrao de Viladabade

Denominación: Igrexa parroquial de San Cibrao de Viladabade

Cronoloxía: Século XVIII - XIX

Igrexa de planta rectangular cunha soa nave e capela maior anexa de planta cadrada no lado norte. O interior cóbrese con falso teito de madeira. A ábsida está separada da nave por medio dun arco de medio punto.

O conxunto da fachada ten un esquema pentagonal clásico, quedando a pedra de cantería ben traballada ao descuberto. A espadana queda algo recuada con respecto á liña de fachada. Está remata con forma case de frontón. Sobre a porta ábrese un oco para a ventá sendo en xeral un conxunto de certa curiosidade estética. Na fachada insinúase un xogo de volumes ao destacar unha liña horizontal na metade da fachada e remarcar-las molduras da mesma.

No interior da igrexa consérvanse varios retablos e outras pezas, todas elas de traza neoclásica.

 

Close