A Croa Castro de Barbaos

Cultura Castrexa

Dende o final da Idade de Bronce e ata a chegada dos romanos, Tordoia conserva multitude de vestixios dos seus primeriros poboadores a través dos castros, ao igual que a maioría de pobos do noroeste peninsular que remataron conformando a Gallaecia romana. Estes castros catalogados teñen transcendido con sorte dispar ata os nosos días e éncontranse distribuídos por todo o municipio.

A pesar das alteracións producidas polo paso do tempo e o traballo da terra o legado arqeuolóxico do municipio ofreceu novas pezas obtidas tanto en excavacións coma en achados fortuítos durante a última década e encóntrase distribuído maioritariamente entre os principaís museos galegos, aínda que se sospeita que se conserva algunha peza en museos do Reino Unido.

Existen en Galicia máis de douscentos lugares que levan o nome de Castro en diferentes variables, e como non , en Tordoia pode encontrarse unha aldea con esta denominación na parroquia de Gorgullos.

 

A Croa Castro de Barbados

As imáxenes e información é cedida polo Museo Aqueolóxico e Histórico de A Coruña.

Close