Igrexa de Santa Eulalia de Gorgullos
Parroquia: Santa Eulalia de Gorgullos
Denominación: Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Gorgullos
Cronoloxía: Século XVIII-XIX
Estilo: Barroco
Edificio de planta rectangular con dúas pequenas capelas laterais ou ás no espacio inmediato á cabeceira que insinúan unha planta de cruz latina. A cabeceira sepárase da nave por medio dun amplo arco de medio punto. Os muros son de carga e sobre eles levántase unha cuberta a dúas augas no corpo principal e tres augas nos outros. Interiormente, tanto a parte correspondente á cabeceira como ás lateriais, están cubertas con bóveda de canón. O espacio da nave está formado por unha estructura de cimbros de madeira.
Cara ao exterior a igrexa de Santaia presenta a pedra ao descuberto, sendo o material utilizado o perpiaño, en pezas de boas proporcións. Pódense ver numerosos elementos como beirís e molduras que relacionan o templo coas formas barrocas. Tamén a espadana é unha obra de boa calidade.