Igrexa de Santiago de Numide

Parroquia: Santiago de Numide

Denominación: Igrexa parroquial de Santigo de Numide

Cronoloxía: Século XIX

Igrexa de planta rectangular con capela lateral anexa. No interior, a cabeceira sepárase da nave por medio dun arco de medio punto moi peraltado. el conjunto, cara ao exterior, caracterízase por unha grande austeridade decorativa. Todo o conxunto foi revestido con cal, manténdose a pedra ao descuberto tan só nas esquinas e vans. A cuberta é a dúas augas e a cubrición realízase con placas de fibrocemento.

No interior, a cabeceira conserva un pequeno retablo barroco con catro columnas salomónicas.

Cerrado