Ruta 2: Pontepedra - Santaia

O seu percorrido menor cá anterior, con 13.089 m dos cales 8.613 son de terra e 4.476 m de asfalto; os tramos asfaltados pertencen á marxe do encoro de Santaia e ao centro municipal de Pontepedra.

Esta ruta está pensada para a xente nova infantil e o público en xeral que non encontra alicientes nos percorridos longos.

A rota parte das proximidades do encoro de Vilagudín 1, ainda que se contempla tamén a posibilidade dunha prolongación da entrada na rota polo chamado Portalón Francés, na outra marxe do rio na linde con Ordes, preto do castro de Reboredo (Esta prolongación tería 4.628 m dos que 3.206 m son de terra e 1.422 m son de asfalto).

O encoro de Sanaia presenta o aliciente de ser un espazo protexido con presenza de variadas avícolas.

Nas inmediaciones atopamos Santa Susana de Arcai 2 unha capela de gran rusticidade que foi restaurada recentemente e que presenta trazas moi antigas, superando Arcai ascendemos lixeiramente por sendas franqueadas de túmulos e por unha braña onde a tradición sinala a existencia dunha cidade mergullada baixo o auga.

Súbese ata as proximidades de Santiavedra onde se pode visitar a ermida de Santo Estevo 3, continuación despos ata o Dolmen de Cabaleiros, Casa Moura 4.

Despos de admirar o dolmen, camiñase polo centro municipal de Pontepedra 5, ao cruzar o ría segue pola súa marxe ata o ceminterio de San Xulián de Cabaleiros 6 e sobre ara Pedra Longa 7.

Báixase pola Acea de Estevo 8 e polas lagoas de antiga mina 9, pasando tamén algo máis abaixo pola Férveda 10, onde se pode facer unha interesante parada na contorna do Salto do Lobo, logo continúa o carreiro que nos deixará no cruceiro de Arcai.

pontepedra sanraia

Close