Igrexa de Santa María de Castenda

Parroquia: Santa María de Castenda

Denominación: Igrexa parroquial de Santa María de Casteda

Cronoloxía: Século XVIII

Estilo: Barroco

Edificio de planta rectangular e unha soa nave separada do presbiterio por medio dun arco de medio punto apoiado en dúas pilastras de pedra.

Neste caso atopamos un bo exemplo barroco que concentra a decoración e ornamentación na fachada principal que está coroada por unha torre-campanario con remate en cúpula, e que na súa base ten as características molduras ou placas do barroco compostelán que parte de Simón Rodríguez. No centro da fachada ábrese un óculo sobre o cal aparece un pequeno corazón coroado, o que lle dá maior empaque ao apartado ornamental. No debuxo xeométrico da fachada hai tamén unhas curiosas molduras con remate enroscado.

Todo o edificio está construido con pezas de cantería.

Close