Igrexa de San Xulián de Cabaleiros

Parroquia: San Xulián de Cabaleiros

Denominación: Igrexa parroquial de San Xulián de Cabaleiros

Cronoloxía: Século XIX

Edificio de planta rectangular e unha única nave con sancristía apegada no lateral.

A construcción está feita a base de muros de carga con pezas de cantería. A pedra móstrase ao descuberto na fachada principal e nas esquinas; no resto dos muros combínase con revocado de cemento.

O interior do templo está ben iluminado ao posuír grandes ocos laterais.

O espacio interior cóbrese cunha bóveda de canón apuntada de traza máis recente, quedando a parte do altar nun nivel diferente e separado da nave por medio dun arco de medio punto. Aos pés da nave sitúase un coro alto con balaústres de madeira.

No exterior, a parte máis sobranceira é a fachada de esquema pentagonal con dúas ventás laterais e coroada por unha espanada. Nesta fachada insinúase un xogo xeométrico por medio das distintas molduras.

Close