Igrexa de San Xoán de Tordoia

Parroquia: San Xoán de Tordoia

Denominación: Igrexa parroquial de San Xoán de Tordoia

Igrexa de planta rectangular e unha soa nave con sancristía anexa. No interior a división entre a nave e a parte correspondente á cabeceira faise por medio dun arco de medio punto.

Exteriormente os muros foron recebados con morteiro de cemento e a pedra só se deixa á vista na fachada e nas esquinas. A cuberta é a dúas augas e a cubrición realízase con tella árabe. A pequena espanada un elemento salientable cara ao exterior está coroada por unha pequena cruz.

O espacio interior está cuberto con bóveda de canón.

Close