Igrexa de San Cristovo de Leobalde

Parroquia: San Cristovo de Leobalde

Denominación: Igrexa parroquial de San Cristovo de Leobalde

A igrexa de San Cristovo ten planta rectangular e unha soa nave. Interiormente, a cabeceira e o corpo da nave están separados por un arco de medio punto. Os muros son de carga e a cuberta é a dúas augas no corpo principal da igrexa e a unha no corpo anexo correspondente á sancristía. A cubrición realízase con tella do país.

Cara ao exterior, a igrexa de San Cristovo non presenta elementos de destacado valor artístico. Tódolos muros e a fachada están revestidos con cal e só queda a pedra ao descuberto nas esquinas e ocos.

No interior da igrexa consérvase un bo retablo barroco do tipo de columna salomónica de dous corpos e tres planos. A parte correspondente á cabeceira sitúase nun nivel superior respecto ao resto da igrexa.

Close