Igrexa de Santa María de Barbados

Parroquia: Santa María de Barbados

Denominación : Igrexa parroquial de Santa María de Barbados

Estilo: Barroco Clasicista

Cronoloxía: Século XVIII

Igrexa con planta dunha soa nave con dous corpos pegados. A capela presenta cara ao exterior dous contrafortes nas esquinas. A orixe da igrexa debe ser bastante antiga e o uso dos canzorros nos beirís laterais pode indicarnos unha orixe románica aínda que os actuáis sexan modernos. Toda a igrexa está construída con pezas de cantería de boa calidade.

Pódese apreciar claramente como o templo sufriu numerosos engadidos, e como a imaxe que presenta na actualidade debe ser moi diferente da orixinal. Na fachada apréciase esta variedade de formas. Se ben o corpo central se adscribe a formas neoclásicas, a torre é claramente barroca, do tipo barroco de placas que habería que relacionar coa obra santiaguesa de Simón Rodríguez. A fachada presenta nos extremos dous pares de pilastras que sosteñen un frontón curvo. Na parte central ábrese un óculo e a porta engalánase cunhas molduras tipo orelleiras.

 

Close