igrexa de San Mamede de Andoio

Parroquia: San Mamede de Andoio

Denominación: Igrexa parroquial de San Mamede de Andoio

Cronoloxía: Século XIX

A Igrexa parroquial de San Mamede caracterízase por unha austeridade completa, sendo a espadana e os pináculos de cemento os únicos elementos ornamentais.

A planta da igrexa é rectangular de tipo basilical e está dividida por un arco de medio punto que separa a nave do altar maior. O material de construcción é a cantería na fachada principal e o resto está totalmente cuberto con placas de cemento.

Close