Ermida do Rosario

Parroquia: San Cibrao de Viladabade

Denominación: Ermida do Rosario

Igrexa de planta rectagular con dous corpos anexos, o maior deles con acceso dende o exterior. O corpo pequeno correspóndese co espacio dedicado, á sancristía. No lateral do templo hai un pequeno adro con cerre de muro baixo. Neste espacio consérvase o fuste dun cruceiro.

Exteriormente, a igrexa mostra a pedra ao descuberto aínda que existen partes dun antigo recebo. O conxunto presenta un estado amplo de conservación. A fachada principal é sinxela sen demasiados elementos ornamentais, destacando a espadana e as molduras dos ocos. Sobre a porta principal ábrese unha pequena ventá rectangular. No remate do beiril na cabeceira, cara ao exterior, sitúase unha cruz en pedra e dous pináculos nos extremos. Neste muro da cabeceira ábrese unha pequena ventá sobre a que hai un curioso detalle decorativo no que se ve un querubín e unha estrela de seis picos.

A cuberta é a dúas augas na parte da nave e a unha auga nos corpos anexos, e todo o conxunto cóbrese con tella do país.

Close