Ermida de Nosa Señora do Carmen

Parroquia: Santa María de Castenda

Denominación: Ermida de Nosa Señora do Carme

Cronoloxía: Século XVIII

Estilo: Barroco

Trátase dun templo afastado dos núcleos de poboación do concello, situado nunha fermosa paraxe natural. O templo está rodeado por un muro baixo, conformando un espacio relixioso e devocionario moi concreto. En realidade, este é un dos centros romeiros máis coñecidos da zona.

A ermida do Carme ten unha boa portada barroca na que se conserva unha fornela coa imaxe da Virxen do Carme, sobre a porta central.

Outros elementos de interese na fachada son os dous óculos laterais con molduras. A espadana é esbelta de dous corpos e tres ocos. Esta composición é habitual na arquitectura relixiosa galega da época, podéndose situar cronoloxicamente cara á metade do século XVIII.

A planta é de tipo basilical e ten varios corpos apegados.

Close