Arquivo Fotográfico

O Concello de Tordoia dispón de infinitos espazos para non esquecer, preciosas imaxes da vida cotiá que poder contemplar, recunchos máxicos que coñecer… Dende o Concello, créase este pequeno apartado da web onde poder compartir moites destas imaxes.

Se desexa colaborar no desenvolvemento desta sección e o crecemento deste arquivo de imaxes do Concello, os seus recunchos, as vivencias, etc. pode enviar as súas imaxes á seguinte dirección de correo isabel.mosquera@tordoia.gal

No correo no que se remitan as fotografías, rógase que se inclúa o texto “Coa presente remisión de arquivos fotográficos, autorizo expresamente ao Concello de Tordoia á difusión das fotografías enviadas a través da páxina web municipal”.

Close